Ola compañeiros/as!!!
o luns día 8 a primeira hora da mañá veu visitarnos ó Cifp a Granxa un biólogo (coñecido de "Froitas") a darnos unha pequena charla sobre anelamento de aves.
Tivemos o pracer de ver (en directo) un exemplo de como se realiza a captura de aves mediante unhas redes "xaponesas" situadas en varios sitios estratéxicos e posterior recollida de datos (peso da ave, idade aprox., etc...). Ó final tivemos sorte, puidemos anelar a un merliño, dous piscos e un picafollas.
Deixovos unhas fotos do "pequeno" pero moi valioso patrimonio natural que hai na Granxa !!
Un saúdo, ahhh!! tamén aproveito para desexarvos que o pasendes moi ben nas vacacións de entroido!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Moi "guapas" as fotos, segueme dando un pouco de lástima (a pesar de que sei que non soe pasar nada) ver os paxaros na rede. Un saudo. Vemonos na excursión. Non ven a conto pero... los de Taboeja es lo que tienen
Publicar un comentario