Ola, son Marcos, de novo.
Onte, día 4 de novembro de 2009, no xornal El País, nas páxinas centrais adicadas a Galicia, saiu publicada unha nova sobre a ampliación do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés e a súa relación coa ampliación dun parque eólico dentro deses terreos. Seguro que lle podedes sacar partido dende varios puntos de vista incluido a relación entre os intereses da poboación local, dos políticos e das empresas cos espazos protexidos.
(Ver a nova aquí)
....e lembrade, como dixo un poeta que "Cando morran as touzas negras e todo vire nunha gándara de declinios, cando a alquimia dos agoiros só sexa unha certeza enxoita e apoulada, cando a terra asimile a morte dos fontarigos e as anduriñas e os zarapicos muden nun entusiasmo lendario, en Limaia(no Xurés) inda ficará o recordo exacto desa avoa moza que cunha ledicia templaria apaña as míllaras cara a citania onde a agarda o alarde plural das voces feriadas, o bico da auga no rostro, os axustes do gado, as chegas de bois que turran no Toural dunha traxedia lusitana.
Cando a ermanza teña varados todos os horizontes e a auga só sexa un murmurio dun vento arraiano, cando o meu curso apenas sexa unha cicatriz calcaria na códea da terra, en Limaia(no Xurés) inda ficarán as pegadas milenarias das chancas da avoa, moza que trepa no sábrego, que cicela rodeiras de luz nas vellas couzadas de Antioquia, que vai camiño da feira e leva nos beizos a paixón secreta dun amor inventado nas veceiras da soidade.
Cando a xeografía non sexa máis que un mapa de ausencias e de torres vencidas no misterio das horas, cando as cigoñas aniñen na caveira dos cabalos e os amieiros só sexan un cadro de Van Gogh, en Limaia(no Xurés) inda ficará a historia solitaria desa nosa avoa moza que entra na feira como nun paraíso soñado, ( ..... )"
Adicado ós de 2º de Recursos Naturais de Ponteareas, e en especial ó voso limiao, Roberto.

2 comentarios:
Carai, non sei que contestar. Nin sequera por donde empezar. En primeiro lugar gracias pola dedicatoria Marcos.
Gustoume moito a poesía, coma sempre Marcos está a sorprendernos.
Ten moita razón sobre todo en que nos espazos protexidos (No Xurés neste caso), se retrasará a HUMANIZACIÓN deixando a destrucción paisaxística de lado.
Dicir, que si no xurés se empeza a construir (neste caso os eólicos), o proceso de detrimento nos espazos protexidos está a triunfar. Co cal, neste mundo segue a imperar a lei do máis forte.
Algún de vos diredes que é un proceso ecolóxico que o home modifique a natureza ao seu haber. En parte estou dacordo.
Explícome: eu estou a favor de que se creen parques eólicos, contribuíndo a necesidade enerxética que ten noso país. Dese xeito, poderase ir sustituíndo centrais térmicas (moito máis abrasivas co medio ambiente) por unha enerxía moito máis limpa.
Por outro lado, o de facer un parque eólico nun espazo protexido....¿Qué protexemos?, ¿As aguias e falcónidos que ten o parque?...
Claro que a poboación local está dacordo en percibir unha remuneración económica a cambio ¿É en Requias Marcos?. Si é aí, como sempre arde..... Estou farto de dar lumes neses lares (Recordo que son vixiante forestal da zona).
Como conclusión, dicir que este proceso humanístico, non ten parada. Si ten freno, pero creo que estamos PERDIDOS, ou polo menos por ahora.
Hola de novo, quero comentar que quizais me tirei moito da moto. Ahora vin o enlace da prensa. Donde está situado, é a ampliación do parque de iberdrola que está entre Bande e Verea.
Soamente comentar, que estos parques que se fixeron antaño pódense mellorar. Ahora teñen información de ventos, como é a rosa dos ventos. Ademáis de nova tecnoloxía que permite que os eólicos produzcan máis enerxía.
O que están a intentar todas estas empresas que "viven do aire" é aumentar a superficie de ocupación do parque, e unha vez que remate a vida útil dos seus proxectos, será melloralos (iso creo) como din os de xinzo "ISO".
Penso que se pode producir máis MegaWatios remodernizando o parque sin ter que aumentar a zona de ocupación, neste caso nunha zona protexida.
Por outro lado, interesa para a economía local (sumerxida), crear traballo e producción.
Publicar un comentario