lunes, 21 de diciembre de 2009

Bo Nadal


Deséxovos unha festas felices e que todos os vosos proxectos se cumplan para o 2010.


Como non podería ser menos os felicito dende un Espacio Protexido moi especial...


Mª José



Traballando no CIFP A Granxa. Traballos Plan de Xestión

Lembrade que remata o plazo para a entrega dos traballos de análise dun Plan de Xestión.

Para facilitarvos o traballo chega con gardar na carpeta de XUP do ordenador de aula o que teñades feito, que despois xa os subo eu ao blogg.

Sei que traballáchedes moito...

Mª José

miércoles, 25 de noviembre de 2009

boas a tod@s!!!
xa estou aquí presente, e espero contribuír, ao igual que todos,
na posta apunto deste blogue. saúdos e venha ánimo!!!

lunes, 23 de noviembre de 2009

Traballando no CIFP A Granxa. Sobre o traballo do PRUX...

Por si alguén se perde polo camiño..., por se tardamos en retomar o traballo...

Aquí van as pautas básicas para o desenvolvemento do traballo de análise dun PRUX:

1. É un instrumento de planificación dun sistema en cascada. Deberíamos comprobar que concreta o que foi enunciado no documento superior (na maioría dos casos o PORN; concretamente os obxectivos, a zonificación...)

2. Europarc-españa establece no Manual de Planificación e Xestión de ENP cal debería ser a estructura de un PRUX....A segue o PRUX analizado?

3. Tamén coñecemos a qué preguntas debería dar resposta un Plan de Xestión....Que acontece co Plan que nos estamos a analizar?

Non esquezades recoller sempre as fontes de información (documentos, páxinas web, etc).

Mª José PT

jueves, 19 de noviembre de 2009

Unha achega dende o Ceida

Dende o Ceida envian un correo adicándonos unha atención especial, polo noso interese no último curso no que se traballou sobre centros de acollida de visitantes e interpretación.

Teñen no seu centro de documentación moito material sobre IP, e dan moitas facilidades para a consulta e envío de bibliografía por correo.

En documentos de aula - Interpretación do Patrimonio deixovos o listado que enviaron (Documentación do CEIDA. pdf)

Mª José (CIFP A Granxa)

Traballando en A Granxa. Materiais de aula

Xa tedes en documentos de aula, na páxina de Interpretación do patrimonio os apuntes novos, que estamos a ver estes días.

Lembrade subir os traballos de categorías IUCN...

Mª José

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Traballando no CIFP A Granxa

Oscar e Roberto xa deixaron o seu traballo no blog.

Ide a: enlaces de interese- traballando no Cifp A Granxa - traballos do alumnado - asignación de categorías IUCN

Ánimo aos demais.