lunes, 22 de febrero de 2010







Da visita de Víctor, o día do anelamento de aves, temos mais fotos que aportou Sonia.







viernes, 12 de febrero de 2010


























Ola compañeiros/as!!!

o luns día 8 a primeira hora da mañá veu visitarnos ó Cifp a Granxa un biólogo (coñecido de "Froitas") a darnos unha pequena charla sobre anelamento de aves.
Tivemos o pracer de ver (en directo) un exemplo de como se realiza a captura de aves mediante unhas redes "xaponesas" situadas en varios sitios estratéxicos e posterior recollida de datos (peso da ave, idade aprox., etc...). Ó final tivemos sorte, puidemos anelar a un merliño, dous piscos e un picafollas.
Deixovos unhas fotos do "pequeno" pero moi valioso patrimonio natural que hai na Granxa !!
Un saúdo, ahhh!! tamén aproveito para desexarvos que o pasendes moi ben nas vacacións de entroido!!!!

viernes, 29 de enero de 2010

conferencia europea da biodiversidade

Xa sei que xa é tarde, pero a conferencia europea da biodiversidade celebrouse en Madrid o 25 e 26 de xaneiro, a páxina web é a que está aquí posta. Seguramente (agardo) colguen conclusións do falado. Como que a desaparición de abellas no mundo está avanzando a un ritmo moi preocupante. Saudos a todos.
http://www.fundacion-biodiversidad.es/europeanconference2010

lunes, 21 de diciembre de 2009

Bo Nadal


Deséxovos unha festas felices e que todos os vosos proxectos se cumplan para o 2010.


Como non podería ser menos os felicito dende un Espacio Protexido moi especial...


Mª José



Traballando no CIFP A Granxa. Traballos Plan de Xestión

Lembrade que remata o plazo para a entrega dos traballos de análise dun Plan de Xestión.

Para facilitarvos o traballo chega con gardar na carpeta de XUP do ordenador de aula o que teñades feito, que despois xa os subo eu ao blogg.

Sei que traballáchedes moito...

Mª José