miércoles, 25 de noviembre de 2009

boas a tod@s!!!
xa estou aquí presente, e espero contribuír, ao igual que todos,
na posta apunto deste blogue. saúdos e venha ánimo!!!

lunes, 23 de noviembre de 2009

Traballando no CIFP A Granxa. Sobre o traballo do PRUX...

Por si alguén se perde polo camiño..., por se tardamos en retomar o traballo...

Aquí van as pautas básicas para o desenvolvemento do traballo de análise dun PRUX:

1. É un instrumento de planificación dun sistema en cascada. Deberíamos comprobar que concreta o que foi enunciado no documento superior (na maioría dos casos o PORN; concretamente os obxectivos, a zonificación...)

2. Europarc-españa establece no Manual de Planificación e Xestión de ENP cal debería ser a estructura de un PRUX....A segue o PRUX analizado?

3. Tamén coñecemos a qué preguntas debería dar resposta un Plan de Xestión....Que acontece co Plan que nos estamos a analizar?

Non esquezades recoller sempre as fontes de información (documentos, páxinas web, etc).

Mª José PT

jueves, 19 de noviembre de 2009

Unha achega dende o Ceida

Dende o Ceida envian un correo adicándonos unha atención especial, polo noso interese no último curso no que se traballou sobre centros de acollida de visitantes e interpretación.

Teñen no seu centro de documentación moito material sobre IP, e dan moitas facilidades para a consulta e envío de bibliografía por correo.

En documentos de aula - Interpretación do Patrimonio deixovos o listado que enviaron (Documentación do CEIDA. pdf)

Mª José (CIFP A Granxa)

Traballando en A Granxa. Materiais de aula

Xa tedes en documentos de aula, na páxina de Interpretación do patrimonio os apuntes novos, que estamos a ver estes días.

Lembrade subir os traballos de categorías IUCN...

Mª José

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Traballando no CIFP A Granxa

Oscar e Roberto xa deixaron o seu traballo no blog.

Ide a: enlaces de interese- traballando no Cifp A Granxa - traballos do alumnado - asignación de categorías IUCN

Ánimo aos demais.

jueves, 5 de noviembre de 2009

NOVA NA PRENSA

Ola, son Marcos, de novo.

Onte, día 4 de novembro de 2009, no xornal El País, nas páxinas centrais adicadas a Galicia, saiu publicada unha nova sobre a ampliación do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés e a súa relación coa ampliación dun parque eólico dentro deses terreos. Seguro que lle podedes sacar partido dende varios puntos de vista incluido a relación entre os intereses da poboación local, dos políticos e das empresas cos espazos protexidos.

(Ver a nova aquí)

....e lembrade, como dixo un poeta que "Cando morran as touzas negras e todo vire nunha gándara de declinios, cando a alquimia dos agoiros só sexa unha certeza enxoita e apoulada, cando a terra asimile a morte dos fontarigos e as anduriñas e os zarapicos muden nun entusiasmo lendario, en Limaia(no Xurés) inda ficará o recordo exacto desa avoa moza que cunha ledicia templaria apaña as míllaras cara a citania onde a agarda o alarde plural das voces feriadas, o bico da auga no rostro, os axustes do gado, as chegas de bois que turran no Toural dunha traxedia lusitana.
Cando a ermanza teña varados todos os horizontes e a auga só sexa un murmurio dun vento arraiano, cando o meu curso apenas sexa unha cicatriz calcaria na códea da terra, en Limaia(no Xurés) inda ficarán as pegadas milenarias das chancas da avoa, moza que trepa no sábrego, que cicela rodeiras de luz nas vellas couzadas de Antioquia, que vai camiño da feira e leva nos beizos a paixón secreta dun amor inventado nas veceiras da soidade.
Cando a xeografía non sexa máis que un mapa de ausencias e de torres vencidas no misterio das horas, cando as cigoñas aniñen na caveira dos cabalos e os amieiros só sexan un cadro de Van Gogh, en Limaia(no Xurés) inda ficará a historia solitaria desa nosa avoa moza que entra na feira como nun paraíso soñado, ( ..... )"
Adicado ós de 2º de Recursos Naturais de Ponteareas, e en especial ó voso limiao, Roberto.

miércoles, 4 de noviembre de 2009


Isto é unha proba para confirmar a miña incorporación á nosa "pequena" comunidade.

Como anécdota salientábel, comunicar que o día 3 de novembro do 2009 os ciclos superior e medio de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos de Ponteareas e Tomiño visitaron, analizaron e comentaron "in situ" o estado actual do Espazo Natural Ribeiras do Río Louro e Gándaras de Budiño.

Sin máis novas, despidome ata a próxima entrada

Un saúdo para todos.
¡Hola soy Ángela! y escribo para ver si esto funciona.
Espero que esto salga bien y pase de una buena idea a un buen blog.
Hola; son Roberto Quintairos alumno de XUP do DIFP A Granxa
Espero aportar algo interesante a este blog

lunes, 2 de noviembre de 2009

Visita de Marcos (Mondoñedo) ao CIFP A Granxa


Hoxe, pasou Marcos pola aula de Xestión de Uso Público do noso centro. Aproveitamos para presentarlle o blog, e animarle a participar...a él e a todo o seu alumnado.


P.O.R.N. Parque Baixa-Limia Serra do Xurés


Hola, bos días. Son Marcos, profe de XUP na Base Avanzada, é dicir, en Mondoñedo. Estrénome (e non "estrélome", de momento, no blogue ou blog, para decirvos que no D.O.G. do día 29 de 0utubro de 2009, xoves, saiu publicada a aprobación da ampliación do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.
E no D.O.G. do 30 de marzo de 2009 está publicado o novo PORN do devandito espazo natural.
Un saúdo agarimoso para todos os compañeiros e alumnos do módulo de XUP (para abreviar) da nosa comunidade., e en especial ós/ás estafermiños/as de 2º Ciclo Superior de Recursos Naturais do C.I.F.P. A Granxa de Ponteareas e ós seus profesores e profesoras.


domingo, 1 de noviembre de 2009




CIFP A GRANXA

Lembrade que o martes 3, as 9.30 saimos de A Granxa para visitar As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Voltamos ao centro ás 14.00

Un guía de verdegaia, estudiante de bioloxía no CUVI, vai mostrarnos o espacio facendo un itinerario.

Levade roupa para a chuvia e un calzado polo que non entre a auga.

O alumnado de 2º ides colgar os vosos traballos neste blog. Moito ánimo!

Se queredes volver a ver o documental sobre o espacio o atoparedes aquí:
http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=758&busca=As%20Gándaras%20de%20Budiño%20e%20Ribeiras%20do%20Louro